1. Galicia
Conta desde o ano 1995 cunha planificación do sector eólico, hoxe denominado Plan Sectorial Eólico de Galicia ( PSEGA), que á súa vez se subdivide en quince Plans Eólicos Estratéxicos territoriais.
2. Principado de Asturias
Existen unhas Directrices Sectoriais de Ordenación do Territorio para o aproveitamento da enerxía eólica que se atopan pendentes de modificación.
3. Cantabria
Atópase en trámite de elaboración do Plan Enerxético de Cantabria (PLENERCAN) 2021-2030. Unha das cuestións que está a ser obxecto de debate parlamentario é o establecemento de zonas de exclusión de desenvolvemento eólico no PLENERCAN ou no futuro Plan Rexional de Ordenación do Territorio.
4. País Vasco
5. Castela e León
Aínda que conta con distintos Plans Sectoriais sobre enerxías renovables, como son o Plan Eólico, o Plan Solar e o Plan Rexional Sectorial da Bioenerxía, non se atopan publicados no sitio web do Ente Rexional.