Sector eléctrico

A planificación pública do sector eléctrico en España consiste nunha planificación vinculante (é dicir, obrigatoria) das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, por unha banda; e unha planificación indicativa (é dicir, de orientación) da actividade de xeración eléctrica, polo outro. Non obstante o anterior, o Goberno conta con outros mecanismos para potenciar a xeración de electricidade a través de fontes renovables mediante os cales cumprir cos obxectivos de redución de gases de efecto invernadoiro asumidos.

1. Lexislación estatal

1.1 Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector Eléctrico

Esta lei establece a regulación do sector eléctrico coa finalidade de garantir a subministración de enerxía eléctrica, e de adecualo ás necesidades dos consumidores en termos de seguridade, calidade, eficiencia, obxectividade, transparencia e ao mínimo custo (artigo 1.1).

 

1.2 Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica

Este Real Decreto establece o réxime xurídico aplicable ás actividades de transporte, distribución, comercialización e subministración de enerxía eléctrica e ás relacións entre os distintos suxeitos que as desenvolven, establecendo as medidas necesarias encamiñadas a garantir este servizo esencial a todos os consumidores finais sen prexuízo das competencias que correspondan ás Comunidades Autónomas e Cidades de Ceuta e Melilla. Ademais, establece o réxime de autorización correspondente a todas as instalacións eléctricas competencia da Administración Xeral do Estado e o procedemento deinscripción nos distintos rexistros administrativos previstos na Lei do Sector Eléctrico (artigo 1).

 

1.3 Orde ECO/797/2002, do 22 de marzo, pola que se aproba o procedemento de medida e control da continuidade da subministración eléctrica

O obxecto do procedemento regulado por esta Orde é propoñer os criterios e a metodoloxía para seguir para a recollida e tratamento dos datos da continuidade da subministración, incluíndo os necesarios para a elaboración dos índices de calidade zonal TIEPI, percentil 80 do TIEPI e NIEPI. Así mesmo no procedemento tamén se definen as características do sistema de rexistro de incidencias, a información de base necesaria e a recollida e tratamento dos datos de continuidade necesarios para poder avaliar para cada cliente se se incumpriron as súas condicións de calidade individual e, en caso afirmativo, poder aplicarlle o preceptivo desconto en facturación (artigo 1 do Anexo).

 

1.4 Real Decreto 738/2015, do 31 de xullo, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica e o procedemento de despacho nos sistemas eléctricos dos territorios non peninsulares

Este real decreto regula a actividade de produción de enerxía eléctrica destinada á subministración de enerxía eléctrica nos sistemas eléctricos dos territorios non peninsulares (artigo 1.1).

© Fondo para la Defensa Jurídica de la Cordillera Cantábrica
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad