Manual de conservación: actuacións administrativas e xudiciais para protexer a biodiversidade (Gallego Bernad y Atienza, 2011)

As accións de conservación van moito máis alá que asinar unha ciberacción, facer unha recollida de firmas, enviar unha nota de prensa ou facer unha protesta rueira. Polo xeral, a maioría das accións de conservación requiren trámites ante a administración ou mesmo accións xudiciais. A maior ou menor calidade nestes trámites, pode determinar que estas accións teñan un resultado positivo, ou non, para o medio ambiente. Para conseguir que estas accións sexan efectivas é necesario coñecer os trámites administrativos que se poden utilizar e a mellor forma de facelo.

En GALLEGO BERNARD, M.S. y J.C. ATIENZA, Manual de conservación: actuaciones administrativas y judiciales para proteger la biodiversidad, SEO/Birdlife, 2011 descríbense algunhas das accións máis comúns de conservación que levan a cabo nunha asociación ecoloxista, e que en moitos casos pode realizar tamén calquera cidadán. Explícanse episodios de veleno, captura de especies, destrución de hábitats, contaminación de ríos e humidais, proxectos que afectan á biodiversidade ou entulleiras entre outros, e para cada feito proporciónase a normativa aplicable e as accións que se poden emprender a través de táboas ou esquemas, todo cunha linguaxe divulgativa.

No primeiro capítulo expóñense as principais accións que se poden realizar no procedemento de avaliación de impacto ambiental, previo á aprobación dos proxectos ou plans con maior impacto sobre o medio ambiente. Neste capítulo revísase a lexislación vixente, e danse as pautas para poder participar neste importante procedemento.

No segundo capítulo, descríbese a normativa básica para a protección de especies silvestres e de espazos protexidos, e a forma en que se poden realizar denuncias administrativas e penais cando se detectan actuacións contra a fauna e a flora. Neste capítulo, ademais das ameazas existentes, e a regulación administrativa, descríbense tamén os principais artigos do código penal na materia, e desenvólvese especificamente o caso da loita contra o uso de cebos envelenados no medio natural. Tamén se revisan as posibles actuacións no caso dos Espazos Naturais Protexidos (Parques Naturais, Parques Rexionais, etc.), a Rede Natura 2000 ( ZEPA, LIC e ZEC) e as Áreas Importantes para a Conservación das Aves (IBA).

No terceiro capítulo, trátase de forma específica a conservación dos ríos e humidais, entendendo que se trata de ecosistemas especialmente fráxiles e moi importantes para a biodiversidade. Neste capítulo revísanse algunhas das obrigacións das administracións para cumprir coa Directiva Marco da auga e, en particular, os Plans de Conca.

No cuarto capítulo exponse que debe facer un cidadán para solicitar información ambiental, detállase tamén a forma na que hai que actuar se a administración non atende as súas lexítimas solicitudes.

No último capítulo descríbese de forma superficial a lexislación máis importante que debe coñecerse á hora de levar a cabo acciones de conservación da biodiversidade.

(apud https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/recursos/pag-web/conservacion/manual-conservacion-proteger-biodiversidad.aspx)

© Fondo para la Defensa Jurídica de la Cordillera Cantábrica
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad