O problema
A transición enerxética cara a un modelo baseado en renovábeis é un compromiso ineludíbel. Esa transición debe ser xusta, socialmente distribuída e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe. Mais non está sendo así.
Na Cordilleira Cantábrica e a súa contorna existen actualmente 433 complexos eólicos (8 377 aeroxeradores). A eles sumaríanse outros 380 proxectos en tramitación, con 3 986 turbinas de nova xeración, con maior impacto sobre a biodiversidade e a paisaxe polo seu gran tamaño e a necesidade de grandes infraestruturas asociadas, como liñas eléctricas e pistas de acceso.
A falta de ordenación territorial tradúcese en que a maioría dos aeroxeradores activos e en proxecto (51%) están situados a menos de 2 km de Reservas da Biosfera o espazos Rede Natura 2000; un 23% encóntranse no interior das Reservas da Biosfera e un 15% dentro deses espazos Rede Natura 2000. Segundo o Mapa de sensiblilidade ambiental do MITERD, un 30% dos aeroxeradores están situados ou proxectados en zonas de sensibilidade máxima, e un 17% en zonas de sensibilidade alta ou moi alta.
Estas montañas atraen a chuvia, crean solos, manteñen a diversidade biolóxica e, sobre todo, alimentan o noso espírito co anseio ininterrompido de beleza que sempre acompaña a mellor faceta do ser humano. Joaquín Araújo
O actual modelo de implantación eólica, condicionado pola presión dos consorcios promotores, ameaza con transformar os espazos máis agrestes das montañas con quilómetros de enormes pistas de acceso, gabias, conducións e descomunais aeroxeradores.
Nin son “parques”, nin son “hortas” solares, nin son “muíños”. A linguaxe importa, non a edulcoremos: é ocupación industrial do territorio, son complexos, son placas fotovoltaicas e son turbinas eólicas. Chamemos as cousas polo nome.
A Cordilleira Cantábrica, hoxe ameazada por numerosos complexos eólicos, é un tesouro europeo de xeodiversidade, biodiversidade e paisaxe que debemos conservar para as xeracións futuras.
As montañas e, en especial a Cordilleira Cantábrica, son a fonte dunha infinidade de procesos naturais imprescindíbeis para o correcto funcionamento dos territorios que alimentan coas súas augas.
Coordinación
A súa misión será organizar o funcionamento dos equipos, garantir o cumprimento dos obxectivos do proxecto e facilitar a fluidez de comunicación entre os integrantes dos ámbitos xurídico e técnico. Contará para o desenvolvemento destes traballos coa asistencia dun membro de cada un dos equipos.
Ernesto Díaz Otero
Fago sensibilización, divulgación e comunicación en La Jurbial Servicios Ambientales e traballei en proxectos de conservación da biodiversidade cantábrica en distintas entidades (Fundación Oso Pardo, Fundación Naturaleza y Hombre, Fundación Oso de Asturias). Socio da Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica. As miñas raíces veñen dunha terra de breixos e cuarcitas na se contaban historias de lobos.